
Adela Castro
Actriz
PASA CAN !!
Se algo me fascina do mundo do teatro é que unha sempre aprende frases elegantes e sinxelas que fomentan o crecemento intelectual e moral e ademais resultan extremadamente útiles na vida real.
O noso grupo de teatro denomínase "O Canteiro" e promove de maneira integral proxectos teatrais de diversa índole.
Comedia costumista de tratamento esperpéntico, escrita, dirixida e interpretada polo grupo. A trama transcorre nunha taberna do pobo imaxinario de Brétema, onde un alcalde singular, un párroco moi particular, un taberneiro con moita graza, unha doutora, dúas viúvas, "a meiga" do pobo e a esposa dun eminente político tecen diálogos cheos de humor e retranca. Apta para todos os públicos, mestura teatro tradicional con pequenas intervencións cantadas, interacción co público e a presenza (simulada) de dúas persoas da realeza.
Comedia disparatada sobre as relacións humanas. Unha velada de fin de ano entre familiares e amigos, que prometía ser motivo de alegría, vese truncada pola morte do anfitrión: accidente, suicidio, asasinato? Entre enredos, segredos e situacións absurdas afloran a hipocresía, o amor en todas as súas formas e o desamor disfrazado de rutina. Unha mestura de caos, risas e verdades incómodas que demostra que, cando todo parece ir mal, o humor pode ser a única tabla de salvación.
Teatro dentro do teatro: unha compañía teatral promove unha obra e os egos, as mentiras, a vaidade e a falta de compañeirismo acaban provocando un auténtico desastre. De ácido humor e con moito de performance, pon en escena as fases de produción e o longo e esforzado camiño que supón a súa posta en marcha. A súa posta en escena sorprenderá a moitos.
Producida expresamente para representar no Entroido coruñés, baixo a fórmula do "apropósito", un tipo de teatro nacido na Coruña no século XIX. Posta en escena coral arredor da chegada dun cruceiro á cidade, con personaxes como María Pita, Rosalía de Castro, o Papa, Darth Vader ou a noiva de sir John Moore percorrendo os lugares máis acolledores, recoñecidos, artísticos e visitados da vila.
Versión moderna dun conto tradicional xaponés, dirixida ao público infantil. Pon en valor a importancia e a sorte de que cada neno sexa diferente: que obteña boas notas ou peores, sexa bo deportista ou non, máis delgado ou menos, non é máis que unha característica que o fai único. Cunha linguaxe visual e oral adaptada e participación activa do público para que a mensaxe cale mellor.
Cinco obras escritas, dirixidas e interpretadas polo propio elenco. Sen guións alleos, sen clásicos adaptados — texto propio, voz propia.
O grupo O Canteiro está formado actualmente por 20 actrices, actores, dirección, rexedoría e produción. Cada unha con voz e motivos propios para subir ao escenario.

Actriz
PASA CAN !!
Se algo me fascina do mundo do teatro é que unha sempre aprende frases elegantes e sinxelas que fomentan o crecemento intelectual e moral e ademais resultan extremadamente útiles na vida real.

Director, guionista e actor
Amo o teatro!
Descubrín que co teatro pódense compartir historias, que emocionan… e tamén que os aplausos soan mellor cando non esqueces o texto!
Só aspiro a seguir aprendendo e gozar, cada día, co marabilloso equipo de "O Canteiro".

Actriz
Despois de todo, a vida é puro teatro!
Sempre soñei con ser actriz. O teatro ensinoume que nunca é tarde e que, ás veces, os soños cúmprense.
Unha vez que coñeces o doce "veleno" do escenario sabes que nunca haberá mellor lugar para vivir e soñar.

Actriz
Viva o teatro!!
O teatro para min é pura maxia, fai que te transformes en décimas de segundo. Cando pisas o escenario os problemas non existen e se consegues sacar un pequeno sorriso, a felicidade é completa.

Actriz
O teatro é desobediencia controlada: único lugar onde podes berrar, chorar, romper, amar e morrer sen que te encerren. Un laboratorio onde ensaias todo o que a vida real che censura.

Actriz
Sempre tiven que interpretar un rol moi serio; o teatro deume a posibilidade de xogar outros papeis, aínda que o director sempre me dá o papel serio. Encasilleime.

Rexedora
Formar parte deste grupo serviume para valorar e admirar cada día máis o talento e a dedicación das actrices e actores que o compoñen.

Actriz
Un día decides probar algo que sempre che gustou, o teatro. Marabillosa casualidade dar co grupo "O Canteiro".
Agora gozo, aprendo e divírtome tanto co que fago, como coa xente coa que comparto esta afección.

Actor
Unha das miñas paixóns desde neno é disfrazarme, e co teatro non só conseguín "parecer senón ser" outra persoa en cada obra.
Pero sobre todo o que máis valoro — e emocióname dicilo — é gozar da compañía dos meus compañeiros de "O Canteiro".

Actriz
ANÍMATE!!!!
Xubileime e para min abriuse o pano. Agora, sen xefes nin horarios, descubro un mundo máxico que sempre chamou a miña atención: O TEATRO.
Nunca é tarde para facer drama, se ao final hai aplausos.

Actriz
Viva o teatro!
Ás veces os soños fanse realidade, só fai falla forza de vontade, interese, traballo e unha dose de sorte. No meu caso todos estes ingredientes coincidiron hai uns anos, e así un grupo de amigos cos mesmos intereses puxemos en marcha este marabilloso grupo de teatro que é "O Canteiro".
A felicidade é maior cando un fai o que lle gusta, e faino nun ámbito de respecto, traballo compartido e moita ilusión.

Actor
A pesares de haber feito, hai moitos anos "pinitos" teatrais, nunca imaxinei involucrarme desta maneira co teatro. Grazas Dori, Bego e Alberto (e todo o grupo) por animarme continuamente.

Directora
Estou feliz de formar parte deste grupo de teatro, composto por excelentes actrices e actores e marabillosas persoas.

Produtor, actor
Ás veces síntome como unha ola exprés; o teatro é a miña válvula de escape.

Actor
O teatro esperpéntico que facemos en "O Canteiro" é un concepto cultural que ofrece teatro accesible, popular, irónico e de contido social, afastándose do comercial.

Actor, rexedor
Formar parte do elenco de "O Canteiro" serviume, entre outras moitas cousas, para corroborar aquilo de que "a vida é puro teatro".

Actriz, rexedora
Viva a farándula!
Formar parte de "O Canteiro" permitiume pequeniñas colaboracións como actriz esporádica, rexedora ou tradutora, pero sobre todo coñecer unhas persoas estupendas e cheas de entusiasmo polo teatro.

Actriz
Viva o teatro!
O teatro é tan fascinante que me enganchou. E neste momento da miña vida, no teatro atopo unha maneira de crear, comunicar e compartir.

Actor
O teatro permíteme vivir moitas vidas, a través dos personaxes que me toca representar e rir ata de min mesmo.

Actriz
Soño cumprido!!
O teatro sérveme para expresar a creatividade que todos levamos dentro; formar parte dun elenco de actores é moi grande...
Unha selección de imaxes de A Taberna do Nubeiro e dos ensaios do grupo.










