Política de privacidade.
Como trata a Asociación De Maior Crea os datos persoais das persoas visitantes e usuarias da web.
Introdución
Na Asociación De Maior Crea, sensibilizados coas necesidades das persoas usuarias de internet e conscientes da importancia da rigorosa privacidade da información persoal que nos confían, incluímos esta declaración de privacidade co obxecto de que sexas consciente da política no tratamento dos datos persoais que se obteñen das persoas visitantes e usuarias.
Como persoa usuaria, aceptas estas condicións polo mero feito de ler, visualizar ou navegar no sitio. De non aceptalas, debes abandonar o sitio, sen facer uso ningún del nin do seu contido, e sen acceder ás páxinas ligadas.
Responsable do tratamento de datos
O titular do sitio e responsable do tratamento de datos é a Asociación De Maior Crea, con NIF G72548845. Para contactar podes utilizar o enderezo de correo electrónico dmcasociacion@gmail.com.
Finalidade do tratamento de datos
Nos nosos sitios web existen apartados específicos onde podes anotar os teus datos para recibir información sobre actualizacións da nosa web e dalgúns dos programas que se distribúen. Aseguramosche que a información que nos facilites será xestionada de forma totalmente confidencial.
Os datos almacenaranse mentres exista previsión do seu uso para a finalidade pola que foron recabados.
Non se realizan tomas de decisións automatizadas cos teus datos.
A web pode utilizar cookies, consulta a nosa política de cookies.
Lexitimación do tratamento de datos
O uso dos teus datos realízase porque nos das o teu consentimento para usar os que nos proporcionas nos formularios para un uso específico que se indica en cada un deles. Os teus datos só son necesarios para os usos concretos polos que se che solicitan; se non nolos facilitas, eses servizos non son posibles.
Transferencias e cesións de datos
Existe un compromiso firme pola nosa parte de que os datos que proporciones á Asociación De Maior Crea non serán vendidos nin cedidos a terceiras persoas sen o previo consentimento da persoa interesada baixo ningún concepto ou circunstancia, agás consentimento expreso ou obriga legal.
O noso sitio web contén ligazóns a sitios web de terceiros. A Asociación De Maior Crea non se fai responsable polas políticas e prácticas de privacidade destes outros sitios.
Dereitos das persoas interesadas
Tes o dereito de acceder á información que sobre a túa persoa estea almacenada nas nosas bases de datos, rectificala se existise algunha errata, suprimila, limitala, oporte ao seu tratamento e retirar o teu consentimento se ese é o teu desexo. Para iso simplemente debes escribir un correo ao enderezo electrónico dmcasociacion@gmail.com, onde atenderemos gustosamente calquera consulta, comentario ou aclaración requirida ao respecto.
Para máis información sobre temas relacionados, o sitio de referencia na Rede española é a Axencia de Protección de Datos, onde tes dereito a reclamar.